miércoles, 3 de agosto de 2011

ESCOCIA - II - NECRÓPOLE



Glasgow é un punto e aparte. Modernidade mesturada co "victorianismo" máis puro, restaurado e reconvertido en locais que o mesmo albergan sedes de grandes empresas, coma bares, pubs ou restaurantes de comida foránea.
A Necrópole é tamén algo aparte. Logo dunha longa ascensión, bordeada de lápidas que lembran outros tempos e outras xentes, pódese ver unha fermosa panorámica do val do río Clyde e outras paraxes das que non sei o nome. É coma un monumento á historia de Glasgow.
O que me amolou desta fermosa necrópole no foi o cheiro a morte, senón os bafos dunha fábrica construída xusto aos pés de tan emblemático recinto.

4 comentarios:

  1. Recoñezo que algúns destes lugares son dignos de ser visitados e sobre todo este que é un dos máis importantes de Europa, pero a min no che me atrae nadiña, téñolle fobia aos cemiterios.
    Espero que o pases moi ben
    Bicos

    ResponderEliminar
  2. A min non me pasa como a Dilaida, a min os cemiterios parécenme lugares peculiares que din todo sobre os vivos (e algo sobre os mortos)

    Non coñezo ese que dis... (non coñezo casi nada de nada)

    Espero ter ocasión que me contes máis detalles e cousiñas polo miudo

    ResponderEliminar
  3. estiven curioseando mais fotos da Necrópolis por internet e sin dúbida é un lugar increíble... a mín encantaríame velo porque non che me dan ningún reparo os cemiterios... home non iría de noite pero de día encántame velo.

    tamén espero como Zeltia que nos contes máis detalles e cousiñas.

    biquiños,
    Aldabra

    ResponderEliminar
  4. Gustoume moito o teu artigo. O desenlace é xenial.
    É unha pena ver como se destrúe, sen respecto, a beleza -aínda que sexa a beleza dun cemiterio, como neste caso-

    Biquiños, Concha.

    ResponderEliminar