miércoles, 14 de noviembre de 2012

14 DE NOVEMBRO DE 2012

"Conversación" entre unha viandante e dous mozos que se dirixían ao punto de saída da manifestación de hoxe en Ourense.

A señora, moi ben arreglada parou e púxose a increpar a dous mozos novos que baixaban ás 11:30 da mañá pola rúa da Concordia, cunhas bandeiras enroscadas debaixo do brazo. Moi educados, paráronse a escoitar o que a muller lles tiña que dicir...
  • ¡Sois unos impresentables! ¿No tenéis padres? ¿No os da verenza? ¡Anduvisteis toda la noche por ahí, tirando contenedores y llenando de basura la calle Santo Domingo! ¡Con personas como vosotros, mal vamos! ¿No os da vergüenza?
Os mozos quedaron estupefactos, coma min...
  • Señora, nós non fixemos nada diso...
  • ¡No lo neguéis! ¿No os da vergüenza?
Un segundo de silencio...
  • Señora, a min o único que me dá vergoña é estar no paro e non ter culpa ningunha delo.

A muller seguiu rúa arriba e os mozos rúa abaixo. A muller seguía rumiando ás miñas costas cousas que eu non podía entender. Cando cheguei á rúa de Santo Domingo entendín algo. A rúa estaba intransitable...

Ao paso da manifestación por diante da sede do PP en Ourense puiden ver, por enésima vez, algo que me molesta sobremaneira: a fachada do edificio chea de manchas de pintura... Durante a andaina, tiven que colocar un pano no nariz, pois a alguén se lle ocorreu a graza de abrir un deses botes de fumo vermello...

Nin tanto dun lado, nin tanto do outro... Para todo existe un medio, un equilibrio. E se non somos capaces de atopalo, mal remedio lle vexo a todo este mal que nos están facendo...

Unicamente, tirar todo desde abaixo, con calma, sen violencias físicas ou verbais... Sen présa, pero sen pausa.

3 comentarios:

  1. con calma, sin violencias, sin prisa... estás pidiendo imposibles... imos mal e índa por riba non sabemos a donde imos?

    biquiños,.

    ResponderEliminar

  2. · Con calma, sin prisa, hierve la olla. Si no se quita a tiempo, explota.
    ¿Se dan cuenta?
    Tal vez haga falta que explote.

    · bqÑsmts

    CR· & ·LMA
    ________________________________
    ·

    ResponderEliminar