lunes, 10 de diciembre de 2012

12 / 12 / 12 - 12:00 - A hora de Celso Emilio


DEITADO FRENTE AO MAR

Lingoa proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña;
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa nan saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.

Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruis e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, dóce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño..

Aquí podedes atopala tamén en castelán...

5 comentarios:

  1. calquera hora é boa para ler algo tan fermoso, e con tanto corazón.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  2. Encántame este poema de Celso Emilio que segue estando vixente e mesmo parece que foi escrito na actualidade. Ben, en realidade gústame toda a sua obra. Un dos máis grandes poetas galegos.
    E ben está lembralo.
    Un biquiño.

    ResponderEliminar
  3. Precioso poema y muy adecuado para estos tiempos .
    La hablo porque quiero, porque me gusta, porque la amo ......

    una forta abraçada i continuarem lluitant

    ResponderEliminar

  4. · Lo que dice Esmeralda...
    · Yo la hablaría... me petaría... seguro.

    · bicos na lingoa mais fermosa e cantarina.

    · CR · & · LMA ·

    ResponderEliminar
  5. Un axeitado poema e na actualidade...
    Saudiños, e unhas Felices Festas.

    ResponderEliminar