miércoles, 21 de diciembre de 2016

ESTAMOS

Foto: "Invernía"
Mercedes L. Rubín (Tres Trísqueles)

Puidera ser que non estivesemos aquí, agora. Pero estamos. A xeada por fin estala baixo os nosos pés, unha vez máis e branquea e resiste a diluírse nas néboas e cobre de luz branca as poucas horas que ten o día. E cubrirá de branca luz as moitas horas de noite que nos quedan por diante...

Puidera ser que maña non visemos o amencer. Pero estamos pisando a xeada unha vez máis e vendo o verdor das xestas cubertas polo seu branco inmaculado e estamos sentindo nos ósos a friaxe húmida e cortante dun novo Solsticio de Inverno.


2 comentarios:

  1. Que ben que estea vde, que sigamos estando, aínda que cada vez quedamos menos nisto dos blogs. Feliz, moi feliz ano 2017 (e que o leamos)

    ResponderEliminar
  2. O frío de fóra fainos sentir con máis intensidade o benestar do quentiño da casa! En calquera caso, como se desprende do texto, gózase cos sentidos.

    ResponderEliminar