viernes, 3 de septiembre de 2010

INUTILIDADE


"Clinging"


Hai tempo que non chove e que a auga non empapa a terra nin limpa as liñas do horizonte.
Ata o meu paraugas resécase, a medio enroscar e o que vexo desde a gaiola está envolto nunha nebla densa aromada con fume, que non me deixa ver con nitidez os perfís da condición humana.

4 comentarios:

  1. Verá como pronto comezan as choivas do Outono e aínda habemos lembrar con saudade estes días secos e de bon tempo.
    Encantado pola súa visita; déixese vir por Ithaca cando lle apeteza ou lle veña ben. Será ben recibida.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar

  2. • ¿Non chove hoxe en Ourense?
    • Díxome un paxariño que do ceo saían al chuvias. Supoño que alguna delas parou aí.
    Xa podes correxir a este neno sin paraugas.

    • bicos

    ► CR ► LMA
    ________________________________
    •

    ResponderEliminar
  3. Pois parece que xa empezou a chover, e agradécese!!

    ResponderEliminar
  4. a verdade e que un pouco de auga de cando en vez non ven nada mal... mais ven todo o contrario... ocúrreseme que podes meter o paraguas baixo a ducha, muller, porque si anda tan reseco ten que estar a pasalo mal.

    biquiños,

    ResponderEliminar