Anxiety troubles me
Viúva de aromas, de luces, de cores,
do canto sutil da herba, da fermosura,
perdida nos labirintos da loucura,
vaga presa de dúbidas e temores...
Perdeu o seu peito, da graza os resplandores
que aleitaban xenerosos a dozura
e porta no seu frío ventre a amargura
concibida pola ausencia dos amores.
Infeliz alma, afogada en tormentos,
cos ollos secos, baleiros de esperanza,
rosma entre dentes os escuros lamentos
que, enmudecida, a súa voz non alcanza
a pronunciar e, baleira de contentos,
esvaece desolada na lembranza.
Que marabilla de poema, Concha; cántase, é melodía, aínda que triste e case desbasta esa desolación na que se afoga.
ResponderEliminarBicos
Ío
Que fermosa tristura sae das letras do poema, a nostalxia e a sombra esvarecen entre elas e fan latir o baleiro enchéndoo do pracer que dá a súa lectura.
ResponderEliminarBicos.
moi ben Concha, entre a foto e o poema da arrepíos a soidade de quen xa perdeu a cabeza despois de perdelo todo.
ResponderEliminar· As perdas, aínda que non sexan esquecidas, rodean a existencia e invitan a loucura..
· bxs
CR & LMA
________________________________
·
Triste pero fermoso soneto. Gustei!
ResponderEliminarÉ tan fermoso como úsa-las verbas. Encántame todo o que escribes... normalmente, non comento porque quedo, coma esta vez, sen saber qué dicir, como describir todo o que se move por aquí dentro.
ResponderEliminarFermoso.