Non sei de onde saquei esta foto... Pero é dEL...
Había tempo que non viña por aquí. Mil perdóns! E estou de paso, coma as anduriñas. Andei demasiado enredada en cousas moi urxentes e necesarias... Tamén importantes. E ademais volvo en galego. Non sei, quen non entenda, que busque nalgún tradutor deses que hai en rede, pero non teño moita gana (nin tempo) para ir facendo tradución simultánea. Máis miles de perdóns!
O caso é que me veu hoxe á cabeza, así, de repente, o conto ese das medidas de restrición de gasto público, pois seica as arcas do ESTADO ESPAÑOL non están para moitas ledicias. E claro, cando empecei a facer contas, pois sei sumar e restar, con e sen levada polos dedos moi ben, e contar e descontar soamente ata 999, pois a multiplicación aínda me vai grande e o 1000 escápame das contas, percateime de que non me saían nada ben...
Porque, a ver. Cando gañou as eleccións o PSOE, a principios dos anos 80, recén estreada a democracia e logo dunha ditadura longa e cruel, nacionalizáronse mil cousas, pois seica o país estaba en bancarrota. Todo foron aplausos. Mirade que ben o fixeron! Claro que, daquela eu aínda era estudante universitaria e as axudas que había eran escasas, pero seica eramos felices. Logo veu unha época de paxariños de cores, a entrada na OTAN, outra crise económica, a entrada na Comunidade euopea, o cambio das pesetiñas por euros e céntimos de euro... Despois veu o señor Aznar e España seica ía moi ben, demasiado ben. Logo veu o señor Zapatero e España ía mellor, moitísimo mellor...
Agora veu o señor Rajoy... Crédeme! Non teño nada contra el, pero para min o seu nome estará sempre unido aos "fiíños de "plastilina" do Prestige.
Agora veu o señor Rajoy... Crédeme! Non teño nada contra el, pero para min o seu nome estará sempre unido aos "fiíños de "plastilina" do Prestige.
Xulio López (Xulio Pazo, fotógrafo)
Lira. Costa da Morte. Marea Negra.
E claro, non me creo nada de nada, porque para el (como antes o foi para outros) todo segue ben e soamente é cuestión de apretar un pouco máis o cinto e traballar ata criar malvas, todo se reduce a uns fiíños de plastilina. Nada de nada. Esforzo para toda unha cidadanía (recoméndovos a lectura do libro "15.724" de Xesús Constela Doce) quen, limpando pouco a pouco, correndo cara a nada ou a liberación, nunca garantida, conseguirá o benestar.
Pero claro, iso supón reducións de salarios, reducións nas pensións, reducións de prestacións por desemprego, incremento na retención
para o IRPF, incrementos nos pagamentos polo uso de gas, carburantes, enerxía eléctrica e alimentos de primeira necesidade, incrementos de horario laboral para o funcionariado público, redución de persoal para
substitucións por baixas por enfermidade
e permisos por maternidade, redución de fondos para material funxible na administración pública,
incremento de reteos en aulas, supresión de camas nos hospitais,
supresión de fondos para a investigación en enfermidades, incremento de
taxas universitarias, redución de axudas para estudos universitarios e
formación, ....
Quédanme moitas cousas no tinteiro, pois non falei da
xustiza, nin do emprego. E quedoume tamén o conto desa manga ancha que lle dan a quen ten miles de millóns en diñeiro negro e que pode facilmente lavar, pagando ás arcas do ESTADO ESPAÑOL unha nimiedade, os astronómicos (para min) soldos da clase política municipal, provincial, autonómica e nacional (de España), así coma os seus privilexios relacionados coas dietas por desprazamento para ir durmir nas cadeiras das cámaras de debate...
Hai que joderse! E se me desculpe o
vocábulo. Pero, XA ESTÁ BEN!
MÁIS MERDA, NON, POR FAVOR! Xa nos chegou a merda do barco ese que... Non sigo. Igual estou demasiado indignada e non quero, por elo, ferir gratuitamente os semtimentos de ninguén, pero, XA ESTÁ BEN DE QUE SEMPRE NOS DEAN LABAZADAS ÁS MESMAS PERSOAS! XA VALE!
Vaya había olvidado eso de Aznar de que !España va bien!...pero todos sabemos que iba bien para el y para su esposa (que la está liando). Llegó Zp y creyó que España iba bien, y pensó...con lo bien que va todo no puede irme mal...!y nos dejó su gran labor como recordatorio!. Ahora el lema de Rj es que !España saldrá de la crisis! y yo añado (no sin antes llenarse los bolsillos de algunos).
ResponderEliminarya no creo en malas gestiones, solo veo ladrones y más ladrones, lo mire como lo mire...¿Tendrá solución mi vista?
Besos Concha
Estos son más de lo mismo, son de la misa escuela de Aznar, España va bien, pero solamente para ellos..
ResponderEliminarSaludos.-
Todos dicen una cosa y hacen otra. Aunque unos más que otros.
ResponderEliminarBienvenida Concha
abrazos
É moi fácil agora dicir "eu xa o sabía", pero se vou ser totalmente honesta "eu xa o sabía e tamén o temía" e non por iso me sinto mellor.
ResponderEliminarBicos
bueno Concha, tivo que ser a indignación a que te trouxera de novo ao blog,
ResponderEliminare para cabrearse e protestar nada mellor que o idioma propio, non si?
eu tamén estou cabreadísima, bueno, xa levo tempo enfadada... pero unha non quere que se lle amargue o día e tira para o lombo o peso do desencanto e da rabia,
máis ca nada porque non teño fe en que vaiamos facer algo, canto máis jodidos estamos menos solidarios nos volvemos e más miramos para o noso embigo...
...Estou con todos vós...
ResponderEliminarBrevemente: Qué podemos esperar de las personas que juran sobre libros cargados de tópicos? Qué podemos esperar de quienes callan que cada año obtienen pingües beneficios de productos que podrían ser incompatibilidades?
Saludos d:I´
Hola Concha, despois de moito tempo volvo a andar por eiquí. Hoxe leia non sei en que periódico que o PIB de Islandia ia subir este ano o 2.7%, e isto despois de que os islandeses decidisen que non rescataban a banca e se as decisións desta no pasado os mandaban a quebra pois iso que quebrasen. En fin o mesmiño que na España. Por certo, só facer unha corrección ao texto, Aznar, ou como lle chamaba o yankee Bush "Ansar", foi antes que o Euro. Un saúdo.
ResponderEliminarnon che teño nadiña que engadir, Concha, pero nadiña nadiña, nin unha coma...
ResponderEliminaresto xa non se pode soster, non sei que pasará e si che digo a verdade teño medo, moita xente o ten...
onte meus país, xa maiores, asustáronse cando oeron na boca da "Esper" (serpe, si lle das voltas ás letras) a palabra "corralito"... ¿qué pretenden facer con nós?... ¿e qué me dís do novo "aborto"?... e que non teño palabras..
pero digo como Dilaida, aínda que non sexa orixinal: "eu xa o sabía"... ¿quenes foros os que erraron votándolle, esperando que con estes íanos ir mellor?...
somos un país de pandereta e castañuelas... todo, grazas os políticos corruptos e infecientes que temos... é unha vergoña.
biquiños e alégrome de volverte ler.
· Eu... o que di BD. E mais... estamos rodeados de sinvergonzas.
· bqÑs·mts
CR. & .LMA
________________________________
·
Eu penso, como creo que o fai " a Cruz da Campá" que deberíamos seguir o exemplo islandés e tirar da manta ata desmontar dela a todos os ladróns e incompetentes que nos meteron nesto.
ResponderEliminar