Lembranzas de outono
Vaise
achegando, calmo,
con bágoas e
murmurios
no vafo dos
cristais.
Hoxe deixa unha
gota
onde onte
deixou follas secas,
arremuiñadas
contra esta porta
que abre e
cerra cara adentro.
Mañá deixará...
Quen sabe que?
Quizais dúas
folerpas
caídas das
ás dun anxo.
Mellor así.
No meu
silencio roto polas notas dunha harmónica,
morriñosa e
afastada,
xa non cabe
tanta luz coma antes,
cando, nas
longas tardes agostadas,
fuxía para
bordar, ás agachadas,
rosas e
caraveis na sombra dos castiñeiros.
ResponderEliminarHermosa foto la de Merce. Sabes robar bien.
En el vaho de los cristales podemos escribir nuestra historia. Pronto se borrará y solo quedará el alma prendida en los jirones rasgados.
· BQñSMTS
· CR · & · LMA ·
Unha fermosa lembranza.
ResponderEliminarSaudiños.-
Preciosas memorias otoñales, bonita foto.
ResponderEliminarEn tus palabras armoniosas veo la melancolía de la estación más bonita.
Bicos i abraçades
OOOHHHHHHH!!!
ResponderEliminar:)))
Deboche unha cervexiña!!!
Fermoso Concha, moi bonito. A ver si volvo. Bicos
ResponderEliminar