domingo, 26 de enero de 2014

A PODA DA ROSEIRA...


Teño na casa da mamá unha roseira que sube ata o infinito e máis alá, se a deixan. E digo que a teño na casa da mamá porque esta roseira deixouma meu pai como herdanza. A casa non é miña, pero a roseira, seica si...

Díxome moitas veces: "Esta roseira é túa. Has de coidar que non colla fungos raros, que non sequen os brotes novos, pero que non medren de máis. Has ter que podala cada inverno, no minguante. Has ter que guiar as pólas, atándoas a un arame... Despois, cando chegue a primavera, has de ver como lle saen follas novas e ramiños de rosas vermellas pequeniñas. A vida das rosiñas é efémera, pero son moi fermosas, vermellas e pequenas...".

Está na casa da mamá. Creo que meu pai era algo atravesado porque non me dixo nada das podas que precisa esta roseira. Polo menos catro podas... Unha no decembro ou xaneiro, coincindo co minguante. Outra no xuño. Outra no agosto. Outra no outubro... Do contrario, a roseira come o que atope... Ten unha cousa boa: fai sombra nas tardes do verán...

Amólame isto, pois para podar esta roseira teño que facer equilibrios enriba dunha escada desas de "pinza" que, dada a inclinación do terreo no que hai que asentala, e a cantidade de xérmolos que lle van saíndo cada ano, non é doado... Sen contar con que os espiños das pólas son grandes, gordos e fortes e enganchan en todo o que atopen!

E amólame máis porque me gustan máis as rosas amarelas...

O caso é que seica hai que facer as podas no minguante. A das roseiras é recomendable facelas no minguante do decembro ou do xaneiro. E velaí. Hoxe deixeina núa. A ver se coa poda que fixen, cara ao abrli veñen as floriñas que tanto lle gustaban ao papá...

Xa van medrando os días... Queda pouco. O tempo pasa moi á présa...

4 comentarios:

  1. As roseiras son fermosísimas de calquera cor, o importante e coidalas ben para que sexa exuberante na floración e xa vexo que ti neso estás ben posta.
    Graciñas por pasar polas miñas letras e deixarme a túa pegada.

    Bicos.

    ResponderEliminar
  2. Las debes cuidar muy bien, están preciosas . Mis favoritas también son las amarillas pero las rojas aterciopeladas con olor intenso son increíbles.

    Bicos i abraçades

    ResponderEliminar

  3. Tomo nota de tus consejos sobre la poda. La mujer casada que duerme conmigo se encargará de ese trabajo... que siempre hace pero no sé con qué sistemática. Creo que toma nota de los pisos de los brotes...
    Tés sorte... podrás ir a la casas cuando quieras, aunque sea a mirar el rosal, que es tuyo.

    · BQñSMTS

    · CR · & · LMA ·


    ResponderEliminar
  4. Ven vale unha poda e mesmo picarse algo con tal de que na primavera volva dar esas flores tan fermosas.
    Apertas

    ResponderEliminar