sábado, 1 de febrero de 2014

TROPEZO...

Grazas, Enrique


E así, coma quen non quere a cousa, foi pasando o tempo.


Foi pasando cada día diante dalquel cadeado que había ao pé da beirarrúa. Nunca se lle ocorrera pensar por que estaba alí, ata que tropezou con el e os papeis que levaba saíron nunha escorrentada branca cara as lousas. Pero aquel día, logo recuperar o equilibrio e recoller aquela marea branca tinguida de manchas negras, azuis e vermellas, aquel día deu en cavilar na súa sorte e deuse conta de que, no fondo, non fora tan mala.

E así, sen máis, un sorriso asomou ao seu rostro, coma se acabase de descubrir a felicidade naquel inoportuno cadeado que estaba alí, quen sabe desde cando…





2 comentarios:


  1. Es fácil descubrir la felicidad cuando compruebas que no te has partido los diente contra el granito.
    A ver si es cierto que desde ese día su suerte habrás de cambiar.

    · BQñSMTS

    · CR · & · LMA ·


    ResponderEliminar

  2. Ben vinda sexa o sorriso, que non lla leve o tempo e permaneza no seu equilibrio.
    Grazas, Concha, e tamén por sorprenderche.
    Bicos

    m.

    ResponderEliminar