Enrique G. A.
Nunca se parara a pensar no
significado da primavera. Tampoco no do inverno ou no do outono. Tan sequera
pensara no verán. No único no que se fixaba era no tendal da casa de en fronte,
sempre coas fiestras pechadas, pero no que, cada día mudaban as cores das
sabas, dos calcetíns, das camisas, os vestidos, os calzóns, as bragas e os
pixamas.
Un día que estaba ocioso,
deulle por tirar pedriñas, daquelas que trouxera do monte, contra os cristais
da fiestra. De repente, viu descorrer os lenzos azuis e, no van, apareceu a
figura dunha fermosa rapaza de pelo escuro e mirada verde. Levaba unha camiseta
amarela e arredor do pescozo un colar de contas que semallaban gaivotas. Quedou
mudo ao vela e, co medo a ser descuberto, foise escorregando na cadeira ata
quedar sentado no chan. Deixou pasar uns minutos antes de volver asomar os
ollos por enriba da mesa. A fiestra volvía estar tapada cos lenzos azuis.
Unha mañá de domingo, desas
que regala o bo tempo cando se achegan as flores, deixou o seu acubillo de
inverno e marchou da casa, coa intención de pasear. No portal da casa estaba a
moza de pelo escuro e mirada verde, coa súa camiseta amarela e as gaivotas
penduradas do pescozo. Ela, ao velo, sacou do peto unhas pedriñas e amosoullas...
As istorias nas noras, sonche coma as noiras que delas é un caso xenuinho no que sen querer contas ou saes voando
ResponderEliminarO mundo dende o seu outo é dun acougo bo e as parellas desfrutan tanto
que esquecen sobro o que dan voltas
Outro mundo pra ver, outra auga poidera ser máis eu dela non che beberei
Unha daguerre caralludamente boa, ainda sexa un anaco dela
Deica entón...juapa :))´
Seguro que mirando la ropa tendida también nos situaremos en distintas estaciones.
ResponderEliminarme gustan tus historias Concha (lástima de el traductor de google sea tan nefasto).
Bicos i abraçades
ResponderEliminarUna historia que encierra una gran ternura.
Tendremos que revisar nuestro pasado para saber cuántas 'pedriñas' guardamos.
· BQñSMTS
· CR · & · LMA ·