domingo, 22 de marzo de 2015

GRAZAS

Cedeira


A vida é un continuo bater das ondas contra as pedras. O mar nunca é o mesmo, como tampouco o é a auga dos ríos. As rochas son sempre así, aínda que se desgasten polos golpes da auga. Ou non son?

Miro cada día os pequenos cambios dos meus soportes. Van mudando. Uns medran. Outros esmorecen. Eu medro e esmorezo ao tempo que os meus soportes mudan. Nunca nada é igual. Sempre hai unha faísca ou unha néboa que muda todo para que todo sexa diferente...

Hoxe, logo de contemplar os cambios da luz no meu balcón o día da eclipse, logo de ver unha primavera máis nas roseiras do xardín da miña nai, vin como todo vai mudando. Todo. Todo cambia. Ata a esencia cambia. Ata a esencia, iso que eu pensaba que era inmutable. Dicíao Mercedes Sosa nunha canción.

Vaise. Vaise o conto. Outra vez. Pero virá outro. E xa haberá quen bata contra el, contra o novo conto. E se non hai, pois que morra. Iso si. Que os merlos e merlas non coman a semente do céspede. Non sei se sería capaz de perdoarllo!

Grazas Gabriel pola foto. E grazas ñOCOMerce, EnriqueEsmeralda, XULIO LÓPEZ, polas imaxes que me prestastes. Haberá persoas que esquezo aquí, pero douvos as grazas igualmente. Grazas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario