miércoles, 4 de noviembre de 2015

MULLERES...


2013

Foi no verán

Agora é outono

2015

O tempo non se detén

Volvín á gaiola e falta a nídia presenza da forza, do sorriso, da sorpresa, da ledicia, do son das rodas e cantigas, das menciñas, das cascas de noces, das patacas cocidas con bacallau, do caldo requentado, dos callos sen callos, das zinnias e caravereis asilvestrados, das calas e crisantemos, do vagar nocturno en busca de tisanas calmantes, da palabra exacta e xuízosa que dá paz, das alianzas eternas...

Foise para sempre, pero está

Estará

Sempre

Grazas dona Concha

Grazas mamá





4 comentarios:


  1. Una instantánea para el recuerdo, para un recuerdo que no necesita instantáneas. Todo está dentro de vosotras. Para siempre.

    bqÑsmts

    · LMA · & · CR ·

    ResponderEliminar
  2. Oh Concha!
    Mamá. Esa palabra.

    Un abrazo enorme

    ResponderEliminar
  3. Unha aperta forte, Concha. Este verán pasei polo mesmo. Meu pai tamén se foi.
    Moito ánimo para superar os días duros que estás vivindo.

    ResponderEliminar