“Doce e escura sombra é esa
que acolle cando o sol queima os pensamentos…”
Escribín isto un día de
baleiro infinito, cando me din conta de que o último elo da cadea comezaba a
romper, precisamente, polo lado máis forte. Non sei se foi porque naquel momento
sentía inmensa soedade, ou porque ela mesma, que existía desde sempre en min,
se desatou de repente ao fender o único caxato que soportaba o meu peso.
Sei que aínda non é momento de
mirar atrás. Sei que aínda non é momento de lembrar as zinnias nin as roseiras.
Sei que mentres escoite os berros afogados da mañá que loita por se abrir paso
entre as delirantes suores da noite, non é tempo de bágoas nin retratos
marelecidos. Sei…
Pero hoxe, non por
desesperanza ou desesperación, senón pola crúa e limpa verdade que tocan as
miñas mans, escoitan os meus oídos e ven os meus ollos, hoxe precisaba, máis
que nada, desa doce e escura sombra…
...y es que las soledades aparecen en el momento menos pensado.
ResponderEliminarAbraçades Concha
espero que atopara esa sombra que te acollera
ResponderEliminarlinda sorpresa ver as túas pegadas polo meu blog. Xa non estou tan activa na blogosfera e pensei que tí xa pecharas o teu. Ledicia de que non :)
Esa dulce sombra oscura está en tu compañía para siempre. Igual que las zinnias y rosales. Tres docenas serán siempre un grato recuerdo.
bqÑsmts
· LMA · & · CR ·