Está rematando novembro de 2014. Logo comezará decembro. Pouco queda para xaneiro de 2015... E para o 1 de setembro de 2015... Habédesme perdoar, pero xa empezo a pensar como a miña sogra e a miña nai: tés 54, andas nos 55 e vas para os 56.
Con Maside pásame algo semellante. Levo 23 anos traballando alí. Ando nos 24 e vou para os 25...
E pasáronme moitas cousas no intermedio. En Maside. Estou alí porque alguén se empeñou en que reclamase unha praza na súa escola durante o concurso de traslados do ano 1990. Sigo alí porque quizais en ningures atopei tanto agarimo nin tanto apoio, a pesar de ser rabuda e de andar a diario co ceño fruncido, dando berros polos corredores.
Agora, traballando na "casa nova", como eu lle chamo ao anexo que se constríu no recinto do Outeiro Grande, grazas á loita de Constantino e Quiroga (e mesmo miña, que algo tiven que ver), vexo de lonxe moitas mañás e moitas tardes no edificio da Alameda. Pedras e altas fiestras polas que entraba o sol. Entroidos e magostos, músicas, berros, cafés e estampidas fóra do recinto para fumar o cigarro sen que ninguén se decatase...
En Maside hai algo. Hai persoas moi boas. A Conchita da Carrasca e o seu irmán Rubén. O Suso pequeno, fillo da Amparo e do Suso. O Diego e a Clara, as crianzas de Celso e Rosa. O Iñaqui. A Úrsula, que traballa á veces na farmacia. O Iago "Canexón". O Pedro Botana. O Iván "Brechas". O Rubén e a Eva de Negrelle. A Tara, o Pablito, a Vanesa, a Merceditas e o Joni da Fontela...Fátima...Demasiados nomes e demasiadas caras... Das nais e dos pais... Perdón. Váiseme a memoria. Fáltanme imaxes. Sóbranme lembranzas... Ou non...
Entre o 2006 e o 2008 traballei na dirección do colexio. E houbo un feito, en xuño de 2008, que me chegou moito, moito adentro. Un rapaz ben guapo e ben forte, alumno do colexio, non se cortou nada, pasou por enriba de todos os protocolos, fixo isto:
Neste xesto vin todo. Neste xesto vexo todo o que, logo del, sigue sucedendo cada día.
Grazas, xentes de Maside. Grazas nenas e nenos, nais e pais. Grazas.
E o tempo sigue indo. En Maside. Agora está alí a miña Sariña. E mímoa e colócolle o pelo...
Grazas, xentes de Maside. Grazas nenas e nenos, nais e pais. Grazas.
E o tempo sigue indo. En Maside. Agora está alí a miña Sariña. E mímoa e colócolle o pelo...
Que bien has explicado tus sentimientos ... que bien te entiendo....
ResponderEliminarestuve 23 años en la misma escuela ... en la actualidad sin presiones, sin agobios todavía voy a colaborar...
la mejor profesión del mundo
Abraçades i bicos
Vese que valeu a pena. Parabéns por iso.
ResponderEliminarTiveche sorte, si señor. Eu levo 31 anos na mesma profesión ca ti e no lugar que estiven máis tempo foron 10 anos. Agora agardo quedarme xa ata a xubilación onde estou, pero o descenso de poboación na montaña fai que o futuro sexa moi incerto...
ResponderEliminar