viernes, 14 de noviembre de 2014

O TEMPO VAISE...

O TEMPO VAISE...

Moitas veces pensamos que podemos reter o tempo. Pero el vaise. Vaise. Como se van as nubes. Como se vai o Sol. Ás veces o tempo leva consigo a outros lugares uns poucos doces que engaiolen, por uns momentos. Un piollo pequeno que eu coñezo colleu o mundo por monteira e marchou ao Sahara. Alá onde a merda da colonización española deixou indefensas, entre a area, a moitas crinzas. Segundo me contou á volta, gozaron daqueles almendrados do forno de Maside coma se aquilo fose manxar dos ceos.



Este é o piollo. No Sahara. Sorrinte.

Outras veces é ela, con esa expresión lánguida pero forte. Unha sobrevinte do fango e do asfalto. Unha deusa de ollos tristes e expresión alegre. Difícil combinación. Pero sei que ELA é...

Logo van os meus deuses mosquitos viaxeiros. Vale. ELes debían ir antes. Pero... Xa me matarán despois!

Agardo que o avión que os traerá de volta aterre á hora prevista no lugar adecuado. Non podería vivir sen eles.

Nin sen a Sariña... Nin sen Area. Nin si Héctor, Iria ou David... Pero sen estes dous sorrisos estaría morta. Son eles. Haberá no mundo algo máis grande?

O tempo váiseme e empezo a estar moi cansada. Non de camiñar cos pés, mais si coa cabeza.

 O tempo non se pode reter entre os dedos. Non para...

Boa viaxe, nenos.

3 comentarios:

  1. É nós tampouco somos nada sen eses pensamentos teus. Moita forza, Concha.
    Apertas!

    ResponderEliminar
  2. Seguro que todo irá bien y tu seguirás tan orgullosa de ellos ... son lo mejor ...
    Bicos i abraçades

    ResponderEliminar
  3. O tempo pasa axiña, e un día daste conta de que pasou...Pero pagou a pena porque podes ver nos que veñen detrás que a semente que plantache deu bos froitos. Unha aperta.

    ResponderEliminar