Eu cantar, cantar, cantei;
a gracia non era moita,
que nunca (de elo me pesa)
fun eu meniña graciosa.
Cantei como mal sabía
dándolle reviravoltas,
cal fan aquês, que non saben
direitamente unha cousa.
Pero dempois paseniño
y un pouco máis alto agora,
fun botando as miñas cántigas
como quen non quer a cousa.
Eu ben quixera, é verdade,
que máis boniteiras foran:
eu ben quixera que n´elas
bailase o sol co´as pombas,
as brandas augas c´a luz
y os aires mainos c´as rosas
....
Pero eu non sei, coma ela, facer bailar as palabras, ni tecer frases con ritmos de soidade e morriña pola Terra, tinguidos de carraxe pola inxustiza...
Felicidades, MESTRA!
Vaia se sabes! ;)
ResponderEliminarGrande Rosalía, grande!!
ResponderEliminar