domingo, 5 de abril de 2015

QUERO


Chile.
Foto prestada.

Perdinme na inmensidade da Lúa chea impetuosa e na do Sol nacente silandeiro.


Perdinme entre as voces e  asubíos dos paxaros.
entre cebolas, cerdeiras, gatas preñadas, xeadas de abril e brétemas luminosas.

Perdinme entre airexas frías do nordés,
entre soles ferintes e herbas miúdas.

Perdinme entre músicas estrañas e diminutos puntos de músicas chegadas doutras terras.

Perdínme entre as miñas músicas.

Perdinme entre saloucos, laios e flores despintadas,
entre escanos de estradas nunca percorridas,
entre viaxes a mundos de ir e non voltver.

Perdinme nos pasos duns pés descalzos sobre a terra
buscando un anaco de silencio silandeiro,
ese que deixa escoitar o silencio das noites e dos amenceres
preñados de sons e de silencios.

Perdinme…

E non me quero volver atopar no murmurio de voces ferintes,
de luces desmembradas,
de cigarros  a medio consumir,
de paces fiticias, de anacos de queixo cortados ao milímetro…

Quérome seguir perdendo. Unha e outra vez.

Non me quero atopar nunca máis.

Nunca.

Quero seguir perdida.

Quero facelo.

Quero…


No hay comentarios:

Publicar un comentario