Grazas, ñOCO Le bOLO, por este fermoso agasallo
Digamos que cada un deles está limitado pola amplitude desas dúas semirrectas que acaban por concluír nun mesmo punto. Pero algúns non están situados nun mesmo plano, pois non todos fan parte directa dos 360º dunha mesma circunferencia. Aínda que algúns deles converxen no mesmo sitio, outros afástanse do punto de encontro de tal xeito que calquera sinal de proximidade está marcada unicamente por ese egoísmo feroz que fagocita partes do plano que non lle corresponden.
Algúns son ángulos mortos. Outros alongan as súas semirrectas para poder estar, de vez en cando, no punto de orixe. Hai ángulos que se achegan e se afastan do punto converxente, pero sempre están presentes. Tamén os hai que, aínda que coincidan, as súas semirrectas e a súa amplitude esvaece no espazo.
En certo modo preocúpame que desapareza ese punto de encontro, pero, por outra, penso que a solidez do vértice inicial ha de manter viva a relativa proximidade das moitas semirrectas que forman estes ángulos, aínda que sigan ocupando espazos diferentes do mesmo plano. Porque o plano sempre é o mesmo. A miña familia.
Unha certerira realidade, a túa entrada e como a vida mesma.
ResponderEliminarSaudos.-
Ai!!! xa sabia eu que ia chegar algo tarde...
ResponderEliminarDe todos modos cando penses en creatividade, ninguen millor que Ñoco, o que esa cabeciña argalla non ten fin...
Gustame tanto o texto coma a imaxe, que realidade
Bicos!!!
non se podería explicar mellor, vese que és unha boa maestra.
ResponderEliminar¡a miña familia é tan curta que sóbranme ángulos, vértices e semirrectas.
creo que cun circuliño pequeno arreglóme ben.
biquiños,
Aldabra
Así somos os humanos, pero niso está a grandeza e o importante é o que ti dis "o plano".
ResponderEliminarBicos
A túa familia é como a miña, como a de moitos máis, aínda que polas trazas a túa é máis longa.
ResponderEliminarMoi boa explicación de unha familia, penso que é importante estar no mesmo plano, mais, paréceme importantísimo converxer no mesmo vértice.
· La familia es un mundo complejo, estructuradamente desestructurado, donde surgen, día a día, intrincadas relaciones, origen de conflictos que se van resolviendo en un particular modo del que nunca se aprende nada. Cada mañana surge un mundo nuevo en el que todo vuelve a comenzar, todo se vuelve a repetir sin que cualquier experiencia anterior haya servido para algo.
Tu escrito lo ilustra de forma magistral.
La foto es, sencillamente, una aproximación. Gracias a ti por brindarme la oportunidad de responder al desafío que el texto llevaba implícito.
· BQÑSm
CR & LMA
________________________________
·
Vengo de la mano de una línea convergente, que en algún momento fue paralela y que por arte de las nuevas matemáticas SÍ se llegaron a encontrar...
ResponderEliminar...Una foto impactante sin indiferencia alguna que ilustra un texto que todos podríamos afirmar, que no firmar, por lo personal del certero trazo de tu lapicero.
Biquiños (creo que se dice así)
A familia, o noso amparo, a nosa cova... pero tamén quen máis dano nos pode facer.
ResponderEliminarfelicidades pola foto a Ñoco
Pero xa se sabe, mentras que aos amigos os eliximos ao longo da vida, a famili ven de serie, asique hai que levala con alegría, e moita pacencia.
ResponderEliminarUnha forma mui expresiva e gráfica de definir ese concepto complexo de familia.
ResponderEliminarUna línea paralela me trajo hasta aquí.
ResponderEliminarUn relato exquisito y acertado que define la familia.
Si siempre ha sido compleja, ahora mucho mas.
La imagen de lo mas sugerente.
Yo te envío
Abraçades